Sarkozy declara en comisaría como ‘’detido provisional’’ por un suposto tráfico de influencias

Poderá estar retido durante un máximo de 48 horas, como calquera cidadá, pois xa non ten aforamento.

Mozas seguidoras de Sarkozy
photo_camera Mozas seguidoras de Sarkozy

O ex-presidente francés Nicolás Sarkozy está en comisaría prestando declaración por un presunto tráfico de influencias e violación do secreto de instrucción. O seu avogado fora detido horas antes baixo as mesmas acusacións.

Sarkozy está en rexime de ‘garde à veu’, unha medida inédita até o de agora para un antigo mandatario e durante a cal está baixo instrucción da Policía xudicial e con asistencia letrada, o que permite interrogalo até 48 horas.

Segundo recollen os medios galos, @s investigador@s tentan determinar se o ex-xefe de Estado e o seu entorno crearon unha rede de informadores que lles mantiñan en todo momento con coñecemento dos procesos xudiciais que ameazaban entre 2007 e 2011 ao líder conservador e xefe do estado francés.

Sarkozy chegou a primeira hora da mañá a comisaría e horas despois de que fose detido o seu avogado, Thierry Herzog, e 2 altos maxistrados do Tribunal de Casación, Gilbert Azibert e Patrick Sassoust, que siguen en réxime de detención provisional.

A investigación estaba relacionada, en orixe, coas pesquisas abertas en abril de 2013 para determinar se parte da campaña que lle levou ao cargo en 2007 foi financiada polo Gobierno libio de Gadaffi.

Comentarios