Eleccións presidenciais

Bernie Sanders responde a Obama: «Estamos a loitar pola xustiza»

O ex presidente estadounidense sinalara que había que ser «conscientes da realidade» e que «o americano medio non cre que haxa que acabar co sistema».

bernie-sanders
photo_camera Bernie Sanders, nun acto da campaña das primarias [Europa Press]

O candidato a liderar o Partido Demócrata nas eleccións presidenciais de 2020 nos EUA Bernie Sanders fixo referencia esta fin de semana ás recentes palabras de Barack Obama nas que recomendaba ás e aos aspirantes a non se escorar demasiado cara á esquerda.

O ex presidente Barack Obama

En concreto, o ex presidente estadounidense sinalou que había que ser «conscientes da realidade». «O americano medio non cre que haxa que acabar completamente co sistema e refacelo», dixo.

Cuestionado ao respecto nun programa da canle de TV hispana Univision, Sanders riu e afirmou: «Bon, depende do que queiras dicir con acabar co sistema».

«A axenda que temos está apoiada pola vasta maioría do pobo traballador», declarou, e engadiu que «cando falo de elevar o salario mínimo a un salario decente, non estou a acabar co sistema. Estamos a loitar pola xustiza».

Comentarios