Sánchez prepara a declaración do estado de alarma

O Goberno español prepara un Consello de Ministras este domingo para abordar a declaración do estado de alarma
O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, durante a súa comparecencia (Foto: Moncloa).
photo_camera O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, durante a súa comparecencia (Foto: Moncloa).

O Goberno ten previsto celebrar este domingo un Consello de Ministras extraordinario no que podería declarar o estado de alarma, co obxectivo de ter cobertura xurídica suficiente para endurecer as restricións de mobilidade e poder facer fronte ao incremento de contaxios de COVID-19, segundo fontes gobernamentais.

O xefe do Executivo español, Pedro Sánchez afirmou esta sexta feira, nunha declaración institucional desde o Palacio da Moncloa, que está disposto a adoptar as medidas que faga falta para dobregar a curva de contaxios. Na súa mensaxe, tamén volveu instar a aquelas zonas que se atopan en situación de alto risco a que solicitasen a aplicación deste instrumento para poder dobregar a curva.

Tras advertir da gravidade da situación, Euskadi, Catalunya, Cantabria, os territorios gobernadas polo PSOE de Asturias, Estremadura, A Rioxa, Navarra, Castela-A Mancha e País Valencía, así como a cidade autónoma de Melilla, xa lle pedían a Sánchez que dese este paso

O Goberno non necesita o visto e prace do Congreso para aprobar o estado de alarma, pero si para prorrogalo máis aló dos 15 días de vixencia inicial. Por iso, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, volveu facer un chamamento ao PP para que garanta o seu apoio para prorrogar este instrumento e poder garantir así unha cobertura xurídica apropiada para medidas como o toque de queda. De momento, o Executivo xa se asegurou o apoio de Ciudadanos.

Comentarios