martes 11/05/21

Sánchez garante 70.000 millóns de euros de investimento no Plan de Recuperación

6.820 millóns irán a rehabilitación de vivenda e rexeneración urbano, con axudas para a rehabilitación e melloras da eficiencia enerxética de até 100% da vivenda, incluíndo a instalación de paneis solares.

Pedro Sánchez despois do Consello de Ministros de onte. (Foto: M.Fernández. Pool / Europa Press)
Pedro Sánchez despois do Consello de Ministros (Foto: M.Fernández. Pool / Europa Press)

“Nos vindeiros seis anos, o Estado vai emprender 102 reformas e 110 inversións”, proclamou Pedro Sánchez despois do Consello de Ministros que se desenvolveu esta terza feira, 13 de abril. Estes investimentos van sumar 70.000 millóns de euros de gasto público.

Entre eles, Sánchez detallou 20 investimentos principais que se desenvolverán até 2024 como parte do Plan de Recuperación, a partida a que se adicará máis orzamento é a de mobilidade sostíbel, que suma 13.200 millóns de euros para desenvolver todo o vencellado co vehículo eléctrico como electrificar as vías públicas ou ampliar a rede de puntos de recarga.

6.820 millóns de euros irán a rehabilitación de vivenda e rexeneración urbá, con axudas que cubrirán até 100% do custo de facer máis eficientes desde a perspectiva enerxética o parque de vivendas, incluíndo a instalación de paneis solares.

A modernización da Administración Pública recibirá 4.315 millóns de euros, 4.060 millóns irán a dixitalizar as Pemes, 3.780 millóns para política industrial e estratexia económica circular, 3.400 millóns para o sector turístico e 3.380 millóns para o desenvolvemento da ciencia e a innovación.

Este programa foi cualificado por Sánchez como “o maior plan de modernización do Estado nos últimos 37 anos”, e explicou que prevén un crecemento adicional do PIB en dous puntos a partir de 2021 que implique a creación de 800.000 novos postos de traballo.

Os obxectivos deste plan son modernizar o tecido produtivo, aumentar a produtividade, impulsar a capacidade de creación de emprego, reducir as fendas sociais de xénero ampliadas pola crise e impulsar unha economía verde, detallou Sanchéz.

Tamén explicou que o plan terá que pasar pola Comisión Europa, que formou parte das discusións que levaron a esta proposta que Sánchez sinalou como participativa.

Fin do estado de alarma

Diante das peticións nos últimos días procedentes de diversos territorios para adiar o final do estado de alarma o presidente do Estado aclarou que non teñen intención de facelo, e resolveu que “temos suficientes ferramentas xurídicas para abordar a pandemia”, Sánchez mantivo que o marco legal no que van traballar os territorios “vai ser o Consello Interterritorial de Saúde co filtro dos tribunais de xustiza".
 

comentarios