INTERNACIONAL

Sánchez configura un Goberno con dúas ministras galegas e contrapesos a Podemos

O xefe do Executivo español, Pedro Sánchez, formou un Goberno con contrapesos ao seu socio de coalición, Unidas Podemos, e cunha pequena cota galega representada por Yolanda Díaz –Traballo- e Nadia Calviño, que ocupará unha vicepresidencia económica.

Pedro Sánchez, con Pablo Iglesias no Congreso (Foto: E.P.)
photo_camera Pedro Sánchez, con Pablo Iglesias no Congreso (Foto: E.P.)

O xefe do Executivo español, Pedro Sánchez, formou un Goberno con contrapesos ao seu socio de coalición, Unidas Podemos, e cunha pequena cota galega representada por Yolanda Díaz –Traballo- e Nadia Calviño, que ocupará unha vicepresidencia económica.

O novo Goberno español contará con máis ministros do PSOE que independentes, dado que o presidente só fichou nesta ocasión a dúas persoas sen afiliación coñecida ao partido, que ocuparán as carteiras de Exteriores e Seguridade Social.

Tamen é destacable a perda do selo feminista que adquiriu o primeiro gabinete de Sánchez, formado por 11 mulleres dun total de 17, pasando a estar formado por 12 homes fronte a 11 mulleres.

O seu socio de coalición, Unidas Podemos, está representado por máis homes que mulleres, tres fronte a dous: o vicepresidente de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Pablo Iglesias; o ministro de Universidades, Manuel Castells, e o de Consumo, Alberto Garzón; a quen se une as ministras de Traballo, Yolanda Díaz, e de Igualdade, Irene Montero.

As competencias máis relevantes que estarán en mans de Podemos son as de Iglesias e Díaz, que con todo contarán con contrapesos de ministros da cota PSOE nas súas respectivas áreas, como é o caso da vicepresidencia de Transición Ecolóxica de Teresa Ribeira --vinculada tamén á Axenda 2030 que levará Iglesias-- ou o Ministerio de Seguridade Social de Escrivá Belmonte, que arrebata a Díaz a responsabilidade en pensións.

Renovación Limitada

Sánchez renovou só seis dos 18 Ministerios que tiña reservados para el (isto é, os que non estaban reservados a Podemos) e optou maioritariamente por militantes do PSOE fronte a independentes.

Así, a carteira de Xustiza recaeu no maxistrado e deputado do PSOE por Cádiz Juan Carlos Campo; a de Sanidade, no secretario de Organización do PSC, Salvador Illa; a de Política Territorial, en Carolina Darias, actual conselleira de Economía no Goberno canario e a de Cultura e Deporte, no filósofo do dereito José Manuel Rodríguez Uribes, membro da actual Executiva Federal do PSOE.

Comentarios