INTERNACIONAL

Salmond considera que é “inevitábel” un segundo referendo en Escocia

INDEPENDENCIA

Salmond considera que é “inevitábel” un segundo referendo en Escocia

O ex primeiro ministro escocés Alex Salmond vén de declarar publicamente que considera “inevitábel” un segundo referendo sobre a independencia de Escocia.

Salmond
photo_camera Salmond

En declaracións nun programa da BBC, Alex Salmond, ex primeiro ministro escocés, puxo de manifesto que considera “inevitábel” un segundo referendo sobre a independencia de Escocia. Sinalou que o momento de convocalo está nas mans da primeira ministra escocesa, Nicola Sturgeon.

Porén, a representante do Scottish National Party (SNP), que se fixo cun espectacular resultado nas eleccións xerais de maio, nas que se fixo con 56 dos 59 escanos dispoñíbeis en Escocia, ten declarado que “no horizonte inmediatonon haberá segundo referendo escocés.

No histórico referendo do pasado mes de setembro, gañou o “non” á independencia de Escocia co 55% dos votos, fronte ao 45% do “si”.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios