Sindicatos e patronal critican a medida

O salario mínimo aumenta en Portugal até alcanzar os 635 euros

Ao iniciar a década aplicouse a suba do soldo mínimo en Portugal, situándose agora en 635 euros. A intención do Executivo de António Costa e chegar aos 750 euros en 2023.

A ministra de Traballo e Seguranza Social, Ana Mendes (Imaxe RTP)
photo_camera A ministra de Traballo e Seguranza Social, Ana Mendes (Imaxe: RTP)

Coa entrada no novo ano o salario mínimo aumentou en Portugal 35 euros, pasando así a situarse en 635. O Executivo do primeiro ministro António Costa sinalou que a suba salarial afectará a un total de 720 mil traballadoras e traballadores e prevé continuar actualizando de maneira plurianual o soldo até atinxir os 750 euros no ano 2023.

Sindicatos e patronal criticaron a medida da ministra de Traballo Ana Mendes, os primeiros por insuficiente e os segundo por ambiciosa.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios