A saída da crise pos-COVID negociarase no Congreso

Sánchez e Casado acordan a creación dunha comisión parlamentaria
El presidente del Gobierno, Pedro Sánchez, durante una videoconferencia con el presidente del Partido Popular, Pablo Casado, en una ronda de partidos en torno a los Pactos de la Moncloa para testar su disposición a sellar un gran pacto de país que favorezca la salida de la crisis social y económica que dejará tras de sí la pandemia de coronavirus, en el Palacio de la Moncloa, en Madrid (España) a 20 de abril de 2020.

20 ABRIL 2020 COVID-19;CORONAVIRUS;PANDEMIA;CRISIS;ENFERMEDAD;PP;PSOE;POLÍTICA;POLÍTICOS

20/4/2020
photo_camera Os líderes de PP e PSOE, videoconferenciando.(Foto: E.P.).

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, aceptou a petición do líder do Partido Popular, Pablo Casado, para que a negociación e os posíbeis pactos para afrontar os efectos económicos e sociais a raíz da pandemia do coronavirus se leven a cabo no marco dunha comisión parlamentaria no Congreso dos Deputados.

Sánchez e Casado chegaron a este principio de acordo na reunión por videoconferencia que mantiveron por espazo de pouco máis dunha hora durante a xornada de onte, aínda que o Executivo apostilou que o pacto debe ser reforzado con outras formacións políticas.

O PP mostrouse satisfeito pola constitución desa mesa para a reconstrución no marco do Congreso, tal e como demandara o líder do seu partido, que rexeitara radicalmente a proposta do presidente do Goberno de impulsar unha negociación extraparlamentaria "sen luz nin taquígrafos", da que insinuaron que podería conducir a un "cambio de réxime". 

Sánchez, "positivo"

Finalizada a conversación, A Moncloa informou de que Pablo Casado solicitara que esa mesa se constitúa no Congreso, "en formato de comisión para a reconstrución", o que o presidente considerou como "unha proposta positiva, á espera de que sexa consensuada", tal e como sinalou o Executivo nun comunicado.

Segundo o Goberno español, a Sánchez "impórtanlle os contidos e quere agradecer e recoñecer a disposición de todas as forzas parlamentarias por alcanzar un acordo esencial para reconstruír o país". 

Ademais, sinalou que "a maiores de falar cos partidos, o presidente do Goberno está impulsando tamén acordos de reconstrución coas Comunidades Autónomas, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e os distintos axentes sociais".

Pola súa banda, o líder dos populares insistiu desde o cuartel xeral do seu partido nos beneficios de negociar no Congreso, xa que "a sede da soberanía nacional permite máis democracia, máis transparencia e máis eficacia, porque hai debates e se vota iniciativa por iniciativa".

Até o de agora, Casado mantivera a porta fechada a chegar a uns "novos Pactos da Moncloa" como os formulados por Sánchez, ao consideralos "propaganda" para agochar "a súa mala xestión.

Comentarios