Saen de prisión en terceiro grao os presos políticos cataláns

Para pasar a fin de semana nos seus domicilios.
EuropaPress_3238914_jordi_cuixat_oriol_junqueras_raul_romeva_jordi_turull_salen_prision
photo_camera (Foto: Pau Venteo / Europa Press)

O presidente de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, o ex vicepresidente da generalitat  Oriol Junqueras e os ex consellers Raül Romeva, Jordi Turull, Dolors Bassa, Joaquim Forn e Josep Rull, a ex presidenta do Parlament Carme Forcadell e o ex presidente da ANC , Jordi Sànchez, saíron en liberdade das prisións de Lledoners, Wad-Ras e Puig de les Basses por primeira vez desde que se lles concedeu o seu terceiro grao e poderán pasar toda o fin de semana na casa.

Cando saíu da prisión, Cuixart dixo aos xornalistas que o terceiro grao non significaba nada específico para el porque o que querían era "saír da represión dunha vez por todas".

Pola súa banda, Junqueras dixo estar contento de ver a xente da súa vila: "Xa o podes imaxinar, seguramente non se precisan moitos detalles". Turull dixo que a pesar de non ser a liberdade completa, levaban moito tempo esperando esta fin de semana. "Quero agradecer a todos, a tanta xente, porque nos deron tanta forza, tanta coraxe e tanta esperanza", dixo.

Bassa admitiu que está "moi feliz" de poder durmir de novo na casa, pero dixo que é "consciente" de que o terceiro grao é un dereito penitenciario. “O que me gustaría é a liberdade ", dixo ás portas do Puig de les Basses.

Comentarios