@s soberanistas atinxen un terzo dos escanos nas eleccións no aquipélago finés de Äland

Os partidos Center (nacionalista) e Framtid (independentista) obteñen 9 dos 30 escanos do parlamento deste territorio do Mar Báltico que desde 1921 é recoñecido por Helsinki como rexión autónoma.

aland finlandia

Äland é un arquipélago do Mar Báltico que fai parte de Filandia, estado que ocupou as illas en 1919 e en 1921 recoñeceunas como 'rexión autónoma'. Con apenas 30.000 habitantes, este territorio onde a única lingua oficial é o sueco e cuxa maior fonte de ingresos provén do comercio marítimo e o turismo, votou este domingo 18 para elixir os membros do seu Parlamento, que se compón de 30 escanos. Case un terzo dos mesmos foron para partidos nacionalistas e independentistas.

As organizacións máis votadas foron Liberalerna (liberais), que obtiveron 7 parlamentares, un máis dos que logrou nos comicios lexislativos de 2011. Center (centristas, partidarios de ir de ,maneira progresiva conquistando maiores cotas de autogoberno) logrou 7 escanos, os mesmos que posuía na Cámara lexislativa de Äland.

Modertal Samling (liberal.conservador e partidario do actual status quo territorial) logrou un deputado máis: 5. E os social-demócratas, Socialdemokrater, perderon 1, baixando dos 6 que tiñan en 2011 aos 5 obtidos en 2015. Os independentistas de Älands Framtid obtiveron 2 parloamentares, 1 menos que nos anteriores comicios. Obunde (independentes), tamén descenderon, de 4 a 3.

Entra no parlamento AD, unha organización cun discurso contra os refuxiados e inmigrantes, unha cuestión que tivo un peso importante nesta campaña electoral. O resto das organziacións defenderon, en maior ou menor grau, a política de acollida.

Comentarios