Debilitar o Daesh, a chave para a fin do conflito

Rusia tenciona o apoio de Nacións Unidas ao cesar ao fogo en Siria

Rusia está a despregar unha intensa acción diplomática para comprometer Nacións Unidos no cesar ao fogo en Siria, ameazado porque aínda non envolve o Daesh.

Bombardeamento Aleppo
photo_camera Imaxe de Aleppo

O cesar ao fogo en Siria foi patrocinado por Turquía e Rusia, mais até o de agora non inclúe o Estado islámico, un dos actores básicos do conflito. Rusia móvese agora para obter un respaldo do Consello de Seguranza de Nacións Unidas. Moscova agarda que a próxima toma de posesión de Donald Trump como presidente dos EUA resulte no apoio efectivo da superpotencia imperial ao cesamento das hostilidades.

Para Rusia, un respaldo nidio de Nacións Unidas e dos EUA ao proceso de paz debilitaría moito as posicións do Daesh, cada vez con menos apoios nos aparatos de Ankara e Washington.

En 2014 Wikileaks publicou que Siria mantivo unha cimeira cos EUA para lle propor unha acción conxunta contra o Daesh. Washington rexeitou a oferta e a seguir continuou a armar e financiar a organización jihadista (através dos seus estados satélites como Arabia Saudita ou Qatar).

A cuestión está en saber se Trump manterá a política siria de Obama ou a modificará no sentido de alcanzar un acordo con Rusia e de cesar no apoio ao Daesh.

Este cesar ao fogo é o terceiro no que vai de 2016 nunha guerra que xa vai polo seu sexto ano de duración.

Comentarios