Rusia “pode ter matado” o líder do Daesh

O Ministerio de Defensa ruso inicia unha investigación para verificar se Abu Bakr al Bagdadi foi eliminado nun ataque aéreo nas aforas de Al Raqa.

DAESH ISIS

O líder do Daesh (Estado Islámico), Abu Bakr al Bagdadi, podería estar morto como consecuencia dun ataque da aviación rusa ás aforas da localidade siria de Al Raqa, segundo vén de anunciar o Ministerio de Defensa ruso.

“Segundo informacións que recibimos por varias canles, o líder do Daesh, Abu Bakr al Bagdadi, atopábase na xuntanza con xefes de Estado Islámico” atacada pola aviación rusa e “foi aniquilado polo ataque” dos avións Su-35 e Su-34, citado por medios locais.

A información é avanzada pola axencia rusa RIA e citada por Reuters e a BBC mais non ten confirmación oficial. Non é a primeira vez que se anuncia a morte do líder do Daesh e até o de agora sempre acabaron sendo erradas. 

Comentarios