Rusia mófase da delirante operación da Garda Civil

"A información aparecida nos medios españois sobre a chegada de 10.000 soldados rusos a Catalunya está incompleta", di a embaixada de Rusia en España. "Engadan dous ceros", engaden.
DetDetención dun empresario en Girona na opración
photo_camera Detención dun empresario en Girona na opración Volhov (Foto: Gloria Sánchez / Europa Press)

"A información aparecida nos medios españois sobre a chegada de 10.000 soldados rusos a Catalunya está incompleta", resalta en Twitter a embaixada de Rusia en España. "Engadan dous ceros", continúa o chío, ridiculizando os informes "conspiratorios" da Garda Civil, avalados por un xuíz español nun auto de instrución, que sosteñen que Moscova ofreceu apoiar militarmente a independencia de Catalunya en outubro de 2017 co envío de 10.000 soldados. Agora a embaixada, con ironía, sinala que serían un millón.

A nova operación da Garda Civil contra o independentismo, neste caso contra o empresariado que tería dado sustento económico ao procés, recibe o nome de Volhov, o cal fai referencia a unha ofensiva conxunta da División Azul española e do exército nazi durante a ocupación da URSS na Segunda Guerra Mundial. Todo un exemplo de democracia. 

A operación coñeceuse na cuarta feira, 29 de outubro, coa detención dun grupo de empresarios relacionados co movemento independentista. O Instituto Armado español cre que tiñan vínculos coa organización do ‘tsunami democràtic’, que encabezou as protestas da sentenza do 1-O o pasado outono. No marco da operación, ordenada polo Xulgado de Instrución 1 de Barcelona, rexistráronse máis dunha trintena de persoas e detívose máis dunha vintena, entre eles o empresario Oriol Soler, o ex secretario de organización de ERC Xavier Vendrell, o ex funcionario de CDC e a man dereita de Artur Mas, David Madí.

Comentarios