Israel lanza dous mísiles no Mediterráneo como parte dunha manobra conxunta cos EUA

Segundo informa a axencia internacional de noticias AFP o Ministerio de defensa ruso detectou o lanzamento de dous mísiles balísticos desde o Mediterráneo. Fontes do ministerio ruso atribúen a un barco de guerra estadounidense os disparos. Israel sitúa o lanzamento nunhas manobras conxuntas co exército dos EUA

A alerta saltou ás 10.16 hora rusa (8:16 GMT). Segundo declarou o ministro de Defensa ruso "a traxectoria dos mísiles vai desde a parte central do Mediterráneo até a parte oriental". AFP asegura citando fontes do Ministerio de Defensa ruso, que o lanzamento procedeu dun barco militar estadounidense. Porén o goberno de Tel Aviv atribuíuse a autoría dos lanzamentos que se terían desenvolvido como parte dun exercicio militar conxunto entre Israel e EUA.

EUA desmente o lanzamento

Embora a axencia de noticias israelí RIA-Nóvosti confirmase que os mísiles balísticos procedían de exercicios militares conxuntos entre forzas estadounidenses e o exército israelí, os EUA aseguraron que "ningún mísil foi disparado desde os buques estadounidenses", afirmou un portavoz do cuartel xeral da Marina en Europa.

Comentarios