Tenso encontro no Báltico

Rusia denuncia a aproximación dun caza español ao avión do seu ministro de Defensa

Segundo un vídeo gravado desde o interior do avión en que viaxaba o ministro de Defensa ruso, un caza F-18 da OTAN, sinalado como español, achegouse sen permiso ao avión do ministro e voou en paralelo até que un Su-27 ruso logrou apartalo.

Caza da OTAN
photo_camera Tenso encontro entre avión ruso e caza sinalado como español

Rusia denuncia que un caza F-18 da OTAN, pertencente ao exército español, achegouse sen permiso ao avión en que viaxaba esta terza feira o ministro de Defensa ruso Serguéi Shoigú.

Shoigú viaxaba en aeronave desde Kalingrado en dirección a Moscova, escoltado por dous avisóns Su-27. Ao sobrevoar augas neutrais do mar Báltico un caza, sinalado como español, achegouse até o avión ministerial e voou en paralelo xunto a el.

Finalmente os cazas rusos da escolta fixeron que o avión da OTAN se afastase.

Os acontecementos foron gravados desde o interior do avión ruso e o vídeo foi difundido polo ministerio de Defensa.

Finalmente os cazas rusos da escolta fixeron que o avión da OTAN se afastase

Trátase xa do segundo incidente deste tipo en que se ve implicado un avión no que viaxa Shoigu, dado que en xuño de 2017 un F-16 da OTAN foi afastado igualmente por outro Su-27 da escolta.

Após a publicación do vídeo por parte do exército ruso, a OTAN confirmou á axencia de noticias rusa Sputnik que o seu caza si se aproximou a un avión ruso co obxectivo de realizar unha identificación.

Sinalaron ademais que o avión ruso estaba acompañado de canda menos un caza e que, efectivamente, sobrevoaba o Báltico. Engadiron ademais que as aeronaves militares cazas que patrullan sobre este mar son enviadas a identificar avións que voan perto do espazo da aliaza militar trasatlántica.

Comentarios