As rúas de Barcelona volven encherse pola liberdade dos presos políticos

Máis de 200.000 persoas segundo a organización e 110.000 segundo a Policía Local tomaron parte na manifestación "Nin prisión nin exilio: querémolos na casa".

catalunya manifestación presos ANC
photo_camera Foto de ANC

"As rúas quérenos nas rúas" resumía nun titular un medio catalán a gran manifestación que este sábado decorreu en Barcelona para pedir a liberdade dos presos políticos e o retorno dos exiliados. Máis de 200.000 persoas segunda a organización - Òmnium, ANC e Associció Catalana pels Drets Cívics – e unhas 110.000 segundo a Policía local tomaron parte na mobilización, que desbordou a previsión das convocantes. Entre as persoas participantes, representantes do mundo da cultura, do sindicalismo, da política, de colectivos sociais e do propio goberno catalán, co seu presidente Quim Torra á fronte.


 

Milleiros de persoas encheron as rúas próximas á prisión da Modelo xa desde momentos antes do inicio da manifestación. O antigo cárcere foi ocupado polos CDR nunha acción directa para pedir a liberdade dos presos independentistas.

A marcha, apuntaron desde a organización, non era só polos presos e exiliados mais tamén polos centos de persoas que están imputadas ou son albo de procesos xudiciais, multas, etc... a raíz do 1 de outubro. "Temos alcaldes investigados, persoas encausadas na Audiencia Nacional... non podemos esquecelo", dixo a presidenta da ANC, Elisenda Paluzie.

Comentarios