Roma, Madrid e París, na fase 2 do desconfinamento

Os tres Estados con maior número de mortes por COVID-19, España, Italia e Francia, dan novos pasos, "con cautela", cara á reactivación das súas sociedades. Malia non existiren aínda nin unha vacina nin un medicamento efectivos, o parón económico está forzando a levantar progresivamente o actual confinamento.
26 April 2020, France, Paris: A street leading to the famous Pantheon builduing is seen almost deserted amid a lockdown aiming to curb the spread of Coronavirus. French Prime Minister Edouard Philippe will present the government's post-lockdown plan to the National Assembly on Tuesday, he announced on Twitter. Photo: Eric Bromme/TheNEWS2 via ZUMA Wire/dpa
ONLY FOR USE IN SPAIN

26 April 2020, France, Paris: A street leading to the famous Pantheon builduing is seen almost deserted amid a lockdown aiming to curb the spread of Coronavirus. French Prime Minister Edouard Philippe will present the government's post-lockdown plan to the National Assembly on Tuesday, he announced on Twitter. Photo: Eric Bromme/TheNEWS2 via ZUMA Wire/dpa

26/4/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera Unha rúa de París, no Barrio Latino, con Le Panthéon ao fondo, durante a fin de semana. O Goberno presenta hoxe o plan de reapertura (Eric Bromme / TheNEWS2)

"Non podemos continuar con este confinamento. É tamén un grave risco pór en perigo o tecido socioeconómico do país", sinalaba Giuseppe Conte nunha entrevista publicada na fin de semana polo xornal italiano La Repubblica. O presidente do Goberno italiano adiantaba varias das medidas da fase 2 do desconfinamento que confirmou nas últimas horas e que entrarán en vigor na vindeira segunda feira.

Así, por exemplo, as fábricas, os centros de produción e de manufactura e as empresas da construción volverán nese día a actividade. "A reapertura está permitida coa condición de que todas as compañías involucradas respecten estritamente os protocolos de seguridade nos lugares de traballo", dixo Conte.

A cidadanía tamén se poderá mover libremente dentro das rexións, aínda que continuarán prohibidas as viaxes interrexionais. Os bares e restaurantes, que até o de agora só atendían a domicilio, poderán servir comida para levar e ser consumida na casa. Contémplase a data do 1 de xuño para que se recuperen os servizos dentro destes locais, día en que ademais reabrirán as barbarías e os salóns de peiteado e de beleza

Funerais e deporte

A partir da próxima segunda feira, tamén se recuperarán os funerais, cun cortexo máximo de 15 persoas. E, de forma individual, o exercicio físico ao aire libre en áreas alén do barrio de residencia.  Isto inclúe o adestramento ─tamén individual─ no deporte profesional. Será o 18 de maio cando os equipos poidan retomar colectivamente a súa actividade, aínda que non competir polo momento. 

Nese mesmo día, reabrirán as súas portas museos e bibliotecas, así como as tendas que aínda non o fixeran baixo as medidas de desconfinamento aprobadas previamente. 

Mantense polo momento o veto aos servizos relixiosos, e as escolas permanecerán fechadas até setembro. Neste sentido, Conte instou a poboación a manter o chamado "distanciamento social". Se non, "a curva subirá, as mortes incementaranse e a nosa economía sufrirá danos irreversíbeis", dixo, e engadiu: "Se amas Italia, mantén a distancia".

As medidas do Goberno italiano van un paso por diante das adoptadas polo español, que até o momento segue unhas semanas por detrás o ronsel da evolución da crise no país transalpino, desde o brote até o desconfinamento, pasando pola corentena. Está previsto que o Consello Ministerial aprobe hoxe o plan de "desescalada".  

Conciliar saúde e economía

En Francia, tamén se agarda que hoxe o primeiro ministro, Édouard Philippe, anuncie o seu plan de saída do confinamento. As medidas deberán ser aprobadas pola Asemblea Nacional, onde presentará o proxecto. Os grupos da oposición solicitaron onte o adiamento da votación ─denegado─ até mañá, para poder analizalo polo miúdo, segundo informou France Info.

Segundo a emisora de informativos da radio pública francesa, o Goberno galo ─ao igual que o italiano e o español─ considera que xa se superou o pico de contaxios e de mortes, e neste momento busca "conciliar os problemas de saúde cos problemas sociais", malia "as advertencias da comunidade científica".

En principio, prevese que todos os comercios poidan abrir a partir do 11 de maio, sempre que se garantan as medidas de seguridade, e que se obrigue ao uso de máscara no transporte público. Tamén nesa xornada os centros de educación primaria retomarán a actividade, mentres que na secundaria será o 25 de maio.

Segundo os últimos datos do Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades (ECDC, polas siglas en inglés), Italia (26.384), Francia (22.614) e España (22.524) son os tres Estados europeos con maior número de mortes.

Comentarios