A riqueza extrema continúa a crecer sen freo

1% da poboación mundial posúe máis do dobre da riqueza con que contan 6.900 millóns de persoas. Co gallo do inicio do Foro Mundial de Davos, a ONG internacional Oxfam fixo público o seu informe anual. O Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial, din, teñen boa culpa deste "sistema económico errado e sexista".
dior-vuitton_vietnam
photo_camera En 2019, os 2.153 milmillonarios que había no mundo posuían máis riqueza que a que acumulan, todas xuntas, 4.600 millóns de persoas (Oxfam)

Se cada habitante do planeta sentase sobre o diñeiro que posúe, amoreado en billetes de cen dólares, a maior parte da humanidade sentaría no chan; unha persoa de clase media dun país rico, á altura dunha cadeira, e os dous homes máis ricos do mundo faríano no espazo.

Este é un dos exemplos cos que a ONG internacional Oxfam quere denunciar a desigualdade existente na nosa sociedade e que ilustran o seu informe de 2019 sobre o reparto da riqueza no mundo. Un informe que anualmente publica coincidindo co Foro Mundial de Davos, que hoxe comeza nesta localidade suíza.

En 2019, os 2.153 milmillonarios que había no mundo posuían máis riqueza que a que acumulan, todas xuntas, 4.600 millóns de persoas. Ademais, 1% da poboación máis rica posuía máis do dobre de riqueza que 6.900 millóns de persoas, segundo recolle o informe de Oxfam, titulado Time to care (xogando co carácter polisémico da palabra inglesa care, "preocuparse", "importar" e "coidar").

"No máis alto da economía global atópase unha pequena elite de persoas con fortunas inimaxinábeis, que van incrementando exponencialmente a súa riqueza sen apenas esforzo, independentemente de se achegan ou non un valor engadido á sociedade", apuntan desde a ONG internacional

FMI e BM, "culpábeis"

Nunha recente entrevista, a directora executiva de Oxfam, Winnie Byanyima, lamentaba que institucións como o Banco Mundial (BM) e o Fondo Monetario Internacional (FMI) "sexan gran parte do problema" cando "poderían ser parte da solución porque teñen moito poder".

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios