INTERNACIONAL

Os resultados do referendo irán chegando pinga a pinga, desde as 3 até as 7 da mañá

Os resultados do referendo irán chegando pinga a pinga, desde as 3 até as 7 da mañá

Os resultados oficiais serán anunciados no “breakfast time” da sexta feira, informou a chefa de computación de dados da oficina eleitoral, Mary Pitcaithly 

papeleta 1
photo_camera Papeleta do referendo


Ese “breakfast time” ocorrerá en calquer momento entre as 6.00 e as 7.00 horas de Escocia, unha hora máis na Galiza.

Porén, os dados iranse coñecendo aos poucos, unha vez que se vaia realizando o escrutinio nos 32 condados, distritos, en que está dividido o país.

Financial Times, segundo recolle Vilaweb, ten mesmo feito unha estimativa de en que momento da noite irán chegando os dados.

Ás 3.00 horas da madrugada calcúlase que se publicarán os primeiros resultados, correspondentes ás circunscricións de East Lothian, Inverclyde, Moray, North Lanarkshire, Orkney Islands, Perth e Kinross e Western Islands. Velaí vai xa o 15% do total dos votos.

Unha hora máis tarde, caerán os dados de outros 11 distritos: Aberdeenshire, Angus, Dumfries e Galloway, Dundee, East Ayrshire, East Renfrewshire, Falkirk, Renfrewshire, South Lanarkshire, Stirling e West Dunbartonshire. Nese momento levaríase xa escrutado a metade dos sufraxios.

Ás 6.00 horas, Glasgow e Edimburg

A quenda das 5.00 horas será a de 6 circunscricións máis: Argyll e Bute, East Dunbartonshire, Midlothian, Shetland Islands, South Ayrshire e West Lothian, mentres que saberemos por volta das 6.00 que aconteceu nas dúas grandes cidades -Glasgow e Edimburg- e tamén nas zonas fronteirizas. Nese momento a parte do león do voto -arredor do 95%- xa terá sido escrutada.

De acordo coa estimación do Financial Times, o escrutinio concluirá cos dados de Aberdeen, por volta das 7.00 horas.

Onde seguir os resultados?

Neste sitio web e nestaconta twitter.

comentarios