Rescatadas miles de persoas no Mediterráneo en menos de 24 horas

As autoridades encontraron polo momento dez vítimas mortais e salvaron a 5.800 migrantes, segundo o último reporte coñecido, que foi aumentando durante toda a fin de semana. A cifra é unha das máis altas que se recordan.


A Guarda Costeira italiana informou do rescate de polo menos 4.100 persoas migrantes, que tentaban cruzar o mar Mediterráneo en 16 botes, rexistradas en menos de 24 horas. Foron localizadas dez vítimas mortais. 

As autoridades italianas non descartan que a cifra aumente e manteñen varias operacións de salvamento activas, segundo recolle a axencia AP, malia que xa é unha dos rexistros máis altos dos últimos anos. 

Outros centos de persoas conseguiron chegar ás costas de Lampedusa e Sicilia, onde os centros de internamento están saturados. Organizacións humanitarias advertiron durante as últimas semanas que as travesías continuarían, fronte á pasividade da Unión Europea. 

Unha nova traxedia no Mediterráneo após a morte de 800 migrantes afogadas o pasado mes de abril en augas próximas á costa de Libia. Un fluxo que non cesa. Italia rescatou 170.000 persoas no mar en 2014, un 277% máis que en 2013, e este ano espera que aumente. 

Comentarios