A represión das forzas policiais e militares deixa nove mortos en Bolivia

O Defensor do Pobo da rexión central de Cochabamba denuncia a violencia desproporcionada da Policía e das Forzas Armadas. Mentres, a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH) eleva o número de vítimas desde o inicio da crise política e institucional no país suramericano: 23 persoas falecidas e 715 feridas.

bolivia represión golpe de estado
photo_camera Represión policial contra as manifestantes bolivianas.

A violencia contra a poboación boliviana mobilizada contraria ao golpe de Estado por parte do autoproclamado Goberno de Jeanine Áñez indigna e o país e outros Estados da contorna.

Após a dimisión de Evo Morales, as forzas militares e policiais arremeteron contra a poboación civil “incumprindo protocolos” e estándares de seguridade internacionais, declarou o Defensor do Pobo de Cochabamba, Nelson Cox; quen destacou o castigo “desproporcionado” que a Policía e as Forzas Armadas exercen sobre as participantes nas protestas.

Matanza en Cochabamba

A pasada sexta feira, unha marcha antigobernamental de produtores de coca no departamento de Cochabamba acabou co enfrontamento entre os manifestantes afíns ao ex presidente Evo Molares e as forzas militares e policiais deixaron. Morreron nove civís e máis de 120 resultaron feridos.

A CIDH alerta dun decreto que exime as Forzas Armadas de Bolivia de responsabilidades penais en caso de defensa lexítima para a conservación da orde pública.

A CIDH alerta dun decreto que exime as Forzas Armadas de Bolivia de responsabilidades penais en caso de "defensa lexítima", que polo tanto, lles permite empregar "todos os medios dispoñíbeis" para "a defensa da sociedade e a conservación da orde pública".

Ademais, expresou a súa preocupación polas accións das Forzas Armadas no país así como “polas ameazas de expulsión de autoridades, as agresións e o uso de gas por parte da Policía contra as xornalistas que informan das protestas".

Evo Morales

Desde o exilio, o ex presidente Evo Morales denunciou a través das redes sociais que "mentres o pobo humilde clama pola paz e o diálogo, o réxime de facto de Camacho, Mesa y Áñez, reprime con tanques e balas. Esa é a verdadeira ditadura que masacra sen clemencia".

Segundo os datos da Comisión Interamericana de Dereitos Humanos, o número de vítimas da opresión militar e policial en Bolivia desde o inicio da crise política e institucional ascenden a 23 persoas falecidas e 715 feridas.

Comentarios