O rei Juan Carlos I construíu a súa fortuna coa venda de armas a países árabes

A suposta fraude sería realizada canda o que foi o seu administrador privado, Manuel Prado y Colón de Carvajal. Así o indica o xornal ‘Público’ nunha serie de reportaxes. 

O rei emérito Xoán Carlos I de Borbón atópase desde o 3 de agosto nos Emiratos Árabes Unidos (Imaxe: Europa Press)
photo_camera O rei emérito atópase desde o 3 de agosto nos Emiratos Árabes Unidos (Imaxe: Europa Press)

Juan Carlos I fraguaría a súa fortuna a través do tráfico de armas en países árabes, segundo adiantou este domingo en exclusiva o diario Público nunha información asinada por Carlos Enrique Bayo. A suposta fraude sería realizada canda o que foi o seu administrador privado, Manuel Prado y Colón de Carvajal.

O medio remóntase ata 1977, cando o rei emérito nomeou o seu amigo Colón de Carvajal senador por designación real, “así como administrador solidario ao 50% –como pantalla da súa propia participación– de todos os seus negocios, empezando polo máis rendíbel que hai: a venda de armas”.

Nese momento, e sempre segundo este medio, nunha visita a Riad –capital e principal centro de negocios de Arabia Saudita–, Juan Carlos I iniciou as negociacións para a fundación da empresa que canalizaría “o comercio entre ambos os dous países”:  Alkantara  Iberian  Exports. O príncipe  Fahd –“naquel momento home forte do réxime do rei Jaled, sucesor de  Faisal”– nomeou delegado saudita da empresa ao traficante de armas Adnan Khashoggi, mentres que Juan Carlos I designou Manuel Prado como presidente da compañía.

Ademais, segundo sinala o texto, a empresa estaría financiada con fondos públicos na metade española: “O Instituto Nacional de Industria ( INI) porá un 25% e  Focoex (Fomento do Comercio Exterior, que forma parte do Banco Exterior de España, pero opera desde Panamá) o outro 25%”.

A elección dos cargos de  Alkantara –constituída en Londres o 6 de xullo de 1978– completaríana Borja Prado Eulata, fillo do socio e home de palla do rei, quen traballou para  Focoex de 1980 a 1988; e Francisco Jiménez Torres, quen acabaría asesorando como avogado a Khashoggi en operacións comerciais internacionais.

Información “clasificada”

O artigo destacada tamén a falta de transparencia en todas as operacións internacionais de vendas de armas, dado que “eran consideradas materias clasificadas”. Ao se tratar de “asuntos, actos, documentos, informacións, datos e obxectos o coñecemento por persoas non autorizadas poida danar ou poñer en risco a seguridade e defensa do Estado”, co que estaban amparadas polo artigo 2 da lei 9/1968, do 5 de abril sobre segredos oficiais. “Unha lei que aínda hoxe segue vixente e impide obter os documentos deses contratos xestionados por  Alkantara”, destacan en ‘Público’.

O 13 de agosto de 1982 Prado e  Khashoggi rexistraron a compañía no paraíso fiscal de  Chipre, segundo Público, o que demostra a vontade de ambos os dous de “facer negocios opacos de tráfico de armas a través de  Alkantara”. Desta forma a compañía pode operar fóra do control de tanto do goberno saudita como do español.

Os movementos da empresa lograron cantidades millonarias en comisións pola venda de armas. Entre as diversas operacións, o medio destaca as realizadas en Marrocos durante anos por un importe total de 570 millóns de dólares, máis de 62.000 millóns de pesetas.

“Esa operación é a maior venda de armamento do Goberno español a Marrocos da época e as comisións que se reparten os mediadores sumarían uns 12.500 millóns de pesetas, explica o artigo.

Comentarios