xoves 26/11/20

O rei emérito recibiu 6,5 millóns de euros en Suíza en 5 transferencias anónimas

Suma e segue
O rei emérito Juan Carlos I de Borbón (Imaxe: Europa Press)
O rei emérito Juan Carlos I de Borbón (Imaxe: Europa Press)

Así o conta El Confidencial, que explica como a Fundación  Zagatka, dirixida polo curmán Álvaro de  Orleans-Borbón, rexistrou até cinco ingresos de procedencia descoñecida nunha das oito contas que chegou a ter en Credit  Suisse, por un valor conxunto de 6,5 millóns de euros.

En concreto, segundo o medio citado, alguén transferiu desde o anonimato 5,5 millóns de euros en decembro de 2008 como colofón a unha serie de transferencias de orixe oculta que incluían catro pagos precedentes a razón de 250.000 euros cada un, é dicir, outro millón máis. Total, 6,5 millóns.

O mesmo medio indica que ese diñeiro quedou depositado nunha das oito contas que tivo  Zagatka en  Credit  Suisse e o seu uso non foi outro que o pago de voos privados e outros gastos do Rey emérito, algo que, polo menos, resolve a incógnita de como pagaba Juan Carlos I o seu alto nivel de vida.

En todo caso, aqueles ingresos non acenderon ningunha luz de alarma en  Credit  Suisse, que non alzou a voz até 2015, cando convidou a  Zagatka a cambiar de entidade financeira, cousa que  Orleans-Borbón non dubidou en facer, pasando a traballar desde entón con  Lombard  Odier, outra entidade financeira con sede en Xenebra.

comentarios