O referendo grego provoca a maior caída nas bolsas europeas desde 2011

Tamén os mercados de Asia e o pacífico rexistraron perdas. A dereita grega e a social-democracia do Pasok fan fronte común contra o goberno de Syriza.

Papeleta da consulta
photo_camera Papeleta da consulta

A ruptura das negociacións entre Atenas e os seus acredores provocou nesta segunda-feira a maior queda na abertura das bolsas europeas. desde 2011. O índice Euro STOXX50 caeu un 4%, acompañando na tendencia as prazas de Paris e Frankfurt. A bolsa española descendeu un 5,25% na apertura e a de Lisboa cae máis de 5%. Entre tanto, as taxas de xuros da débeda dos países do sur que integran a zona euro abriron cunha forte suba, reflectindo así o temor ao que acontece en Grecia.

Os inversores contaban que habería un acordo entre Atenas e os acredores, mais a ruptura das mesmas e o anuncio dun referendo para consultar o pobo grego semellaque desataron sensacións de pánico nas bolsas e mercados. Non só en Europa, tamén en Asia e o Pacífico, onde o índice Nikkei de Xapón se moveu en perdas de case un 2,9%, a maior queda deste 2015. Sydney e Hong-Kong tamén rexistraron perdas nas súas prazas.

Tamén os principais bancos europeos comezaron esta segunda feira con perdas caída media do 5%. BBVA, Banco Santander, Deutsche Bank ou o italiano Unicredit, entre os que máis perderon.

Pro-acordo

O anuncio por Tsipras da convocatoria dun referendo tirou do silenzo no que levaban desde as eleccións á oposición pro-euro grega, é dicir, Nova Democracia (dereita) e Pasok (social-democracia), así como To Potami (centro ‘rexeneracionista’), sobre todo ás dúas primeiras. Tanto ND como Pasok cargaron con dureza contra o executivo de Syrirza, aoq ue acusan de levar Grecia ao desastre.

O Pasok mesmo pediu a renuncia de Alexis Tsipras e que se convoquen eleccións. ND comezou a fin de semana amagando cunha moción de censura que non presentou e rematouna pedindo o apoio decidido ao ‘si’ ao acordo das institucións para evitar o “desastre”.

Comentarios