Recado a Cameron: "España é indivisíbel"

Pouco demorou a diplomacia española en responder a David Cameron. "España é indivisíbel", dixo hoxe o ministro de Asuntos Exteriores, García Margallo. O primeiro ministro británico defendeu onte, implicitamente, o dereito de Catalunya a decidir o seu futuro.

Margallo
photo_camera Margallo

Treboada política entre o Reino Unido e o Estado español a conta dos dereitos nacionais de Catalunya. Inquerido por un xornalista español a respeito de Escocia, David Cameron afirmou o seguinte: "Sempre acreditei que ao final, se tentas ignorar estas cuestións de nacionalidade, independencia, identidade, o mellor é oferecer os teus argumentos, afrontar o problema e deixar que o pobo decida".

Era unha calculada alusión non só a Escocia, senón tamén a Catalunya, e así foi interpretado pola diplomacia española, e loxicamente tamén polas forzas políticas catalás, soberanistas ou non.

O ministro de Asuntos Exteriores enfatiza que o direito a secesión unilateral só existía na Iugoslavia socialista e na URSS

Hoxe, nunha conferencia de imprensa realizada conxuntamente coa alta representante da UE, Caterine Ashton, o ministro de Asuntos Exteriores, García Margalló, contestou a Cameron cunha requintada argumentación xurídica. Lembrou o xefe da diplomacia española que o Reino Unido non ten constitución escrita -o seu direito é consuetudinario-, mentres o que o Reino de España, si. E nela fica patente que "a soberania reside no pobo español no seu conxunto e non nunha parte do pobo español". Nese mesmo sentido enfatizou que a Constitución marca o carácter "indivisíbel" da unidade española.

Garcia Margallo enfatizou que o direito á secesión unilateral só existía no ordenamento xurídico da Iugoslavia socialista e da URSS.

Comentarios