A presenza histórica de Cuba na cimeira das Américas marcou a primeira xornada do foro continental. O presidente de Cuba, Raúl Castro, e o seu homólogo estadounidense, Barack Obama, manifestaron a súa vontade de avanzar cara unha reconciliación entre ambos países.
“Estamos dispostos a falar de todo, pero precisamos paciencia, moita paciencia. Pode que hoxe discrepemos nalgúns puntos nos que mañá podamos acadar un acordo”, dixo Castro. O líder cubano cualificou a Obama de “presidente honesto, do que admiro o seu orixe humilde”, e confiou en que as negociacións rematen co bloqueo que se mantén dende 1961.
“Estamos dispostos a falar de todo, pero precisamos paciencia. Pode que hoxe discrepemos nalgúns puntos nos que mañá podamos acadar un acordo”, dixo Castro.
Castro, nunha longa intervención, exonerou a Obama das consecuencias do bloqueo. “Non é responsabilidade do presidente porque está codificado nas leis de USA”, asegurou. “Temos que seguir apoiando os seus esforzos contra o bloqueo” e felicitouno “pola súa valente decisión de involucrarse no debate” que abriu no Congreso norteamericano.
“Estamos ante un encontro histórico. Agora temos as condicións para avanzar cara o futuro”, contestou na mesma liña Obama, que fixou como prioridade a reconciliación diplomática de ambos países, coa reapertura das embaixadas na Habana e Washington.