ESTá ACUSADO DE ALZAMENTO DE BENS, BRANQUEAMENTO DE CAPITAIS E FRAUDE FISCAL

Rato, posto en liberdade após o rexisto da súa oficina e a súa morada

[ACTUALIZACIÓN 19:30H] Rato estivo detido durante 7 horas, as que empregaron funcionarios policiais do Servizo de Alfándegas en realizar pesquisas na súa morada e no seu despacho, situados no bairro madrileño de Salamanca. O xuíz ordenou o bloqueo das súas contas. 

photo_camera Rato, durante a súa época en Bankia

Rato foi detido baixo a acusación de cometer tres delitos: alzamento de bens, fraude a Facenda e branqueamento de capitais.

O arresto representa un durísimo golpe para o Partido Popular, en vésperas das eleccións municipais.

O ex vicepresidente do goberno, artífice do suposto "milagro económico español" e ex director xeral do FMI, durmiu na súa morada unha vez concluído o rexisto.

En declaracións a El País, manifestou: "Colaborei coa xustiza porque teño confianza nela".

O discurso do PP abala entre finxir indignación -o portavoz Pablo Casado mostrouse "abochornado"- e vender a idea de que con eles no poder non existen espazos de impunidade para ninguén, nen sequer para un dirixente que puido ter sido presidente do Goberno de non ter rexeitado até en dúas ocasións o oferecimento que lle fixo José María Aznar.

Por orde xudicial, na tarde da sexta feira (17 de abril) o xuíz instrutor do caso ordenou o bloqueo das contas correntes, depósitos, fondos e préstamos dos que é titular Rodrigo Rato, segundo recolle EFE. 

Comentarios