Nacionalistas e esquerda non participan nos actos de conmemoración da CE

O presidente do goberno español, Mariano Rajoy, manifestou no acto oficial de conmemoración da aprobación da Constitución española, que a Carta magna "non se toca" e que está "plenamente vixente". Un afirmación realizada na tradicional recepción no senado na que non tomaron parte @s deputad@s nacionalistas de Galiza, Euskal Herria e Catalunya nin @s representantes de IU
Rajoy
photo_camera Rajoy

A Constitución española, aprobada hai 34 anos, segue de actualidade e en plena forma. Así o manifestou esta quinta no acto de celebración do aniversaro da Carta magna o presidente do goberno español. Pouco importa que nese acto destacasen as ausencias d@s representantes nacionalistas (de Galiza, Euskadi, Catalunmya) ou de IU. Rajoy, inmutábel, mantívose en que a CE é un factor de unión entre a cidadanía do Estado español. E iso malia que as propias enquisas españolas evidencian que cada vez son máis @s partidari@s de introduciren modificacións no texto, pois considérano desfasado.

O BNG non acudiu a este acto institucional constitucionalista, realizando outro en Galiza na demanda dos dereitos nacionais de Galiza e da reivindicación da soberanía non só como algo que pertence ao pobo galego senón como unha vía máis que necesaria para combater a crise. E na mesma liña comportáronse o resto de organizacións nacionalistas das nacións do estado, optando por non asistiren ao acto no Senado español.Tamén IU apostou por non acudir. O seu representante, Cayo Lara, achegouse até o acto par maniestaren que a coalición española de esquerdas para manifestar que a "CE non se cumpre en favor dos e das cidadás".

España, a tope

Mais nada disto (ausencias e demandas) truncou o guión do goberno español, que por boca do seu presidente aproveitou patra defender neste 6D unha lectura da Constitución española máis recentralizadora, como exemplifica que o ministro Wert estivese a carón del en gran parte da recepción, alén das afirmacións do de Pontevedra a favor da unidade de España como alicerce da Carta magna.