Valtònyc atopábase en paradoiro descoñecido despois de que a Audiencia Nacional o condenase a tres anos e medio de prisión polas letras das súas cancións. En concreto, o tribunal español apúxolle delitos de ameazas, inxurias á monarquía e enaltecemento do terrorismo. Ao mesmo tempo decretou o pasado 24 de maio como data límite para o seu ingreso no cárcere.
Xusto o día anterior, o músico mallorquín comunicou a través das redes sociais que non llo ía poñer “doado” á Garda Civil. Non se presentou en ningunha cadea e non se volveu saber del. Ate hoxe, en que fontes achegadas a Arenas confirmaron que se encontra en Bélxica.