Rajoy xustifica a nacionalización de Bankia porque se non “caería o país”

O presidente do Goberno español asegura que non haberá rescate europeo da banca española

O presidente do goberno español, Mariano Rajoy, vén de comparecer en rolda de imprensa perante os medios, un acto nada habitual nel desde que accedeu á Moncloa, para defender a xestión do executivo central no caso de Bankia, alén de anunciar que seguirá na liña de grandes reformas ‘estruturais’.

Rajoy asegurou que a alertanativa á nacionalización de Bankia era a “quebra” da entidade financeira, e que non se podía permitir ese escenario porque, engadiu, se caen estas entidades “caería o país”.

O presidente afirmou que con esta decisión garántense os aforros, alén de avanzar para recuperar a confianza d@s investidor@s

Prima de risco en máximos históricos

Mariano Rajoy realizou as declaracións nunha xornada do máis negra para a economía española, cunha prima de risco que marcou máximos históricos, por riba dos 514 puntos e en que as accións de Bankia á súa volta á Bolsa caeron nun 30%

Comentarios