Rajoy: “Cesei os membros do Govern, iso non se facía desde a II Guerra Mundial”

O presidente español saca peito da súa actuación en Catalunya. Faino nunha entrevista na cadea Cope, onde puxo a aplicación do 155 como exemplo de que non lle treme a man para facer fronte ao desafía independentista. “Timorato eu? Apliquei o 155 e cesei os membros do Govern, iso non se facía desde a Segunda Guerra Mundial”, afirmou, indicando que se aplicasen o 155 antes “podíasenos dicir algo” mais que ao facelo no seu momento “os españois ven que o Estado sábese defender”.

PP Mariano Rajoy

"Era unha mentira que estivesen preparados para a independencia e que se se independizaban ficarían en Europa" dixo Rajoy a raíz das últimas declaracións de dirixentes independentistas. Sobre Puigdemont e a súa declaración de que é posíbel poutra vía que non sexa a independencia, apontou: "Non teño interese en poñerme na súa cabeza, pero creo que está dicindo á xente que foi enganadas", el está pechado.

Mariano Rajoy desbotou facer algunha autocrítica sobre as actuacións do goberno español a respecto de Catalunya, nin sequer sobre as cargas do 1 de outubro. De “encomiábel” cualificou a actuación das forzas de seguridade do Estado. O presidente español tamén parabenizou o apoio de Ciudadanos e PSOE ao artigo 155 e a xestión do goberno central a respecto da crise catalá.

Comentarios