Rafael Correa concorrerá á re-elección

O presidente do Ecuador foi re-elixido como candidato da Alianza País nunha Convención nacional en que mais de oito centos mil delegad@s apoiaron a candidatura de Correa nas vindeiras eleccións presidenciais.

En febreiro do ano próximo, Eucuador concorrerá ás eleccións presidenciais. Rafael Correa, presidente do país desde 2006 presentarase á re-elección após ser ratificado como candidato da Alianza Pais (Movemento Alianza Patria Altiva i Soberana, oficialmente), nunha Convención Nacional en que participaron máis de 800 mil persoas e que se celebrou no Estadio Aucasa (Quito).

Após ser nominado polo actual vice-presidente, Lenin Moreno, Correa aceptou encabezar “unha vez máis este proceso lexendario e histórico” e engadiu “non pararán este proceso de revolución cidadá que rescatou aos sectores máis vulnerábeis do abuso de certos poderosos”.

Aliás, na Convención será presentado o programa de goberno 2013-2017 pois o candidato á re-elección afirmou “eu en 2017 marcho, non só da presidencia, afástome da vida pública. Porés hai que continuar a revolución”.

As pesquisas xa publicadas outorgan ao presidente Correa, uns índices de acptación e popularidade arredor do 70% e 80%, que de se manteren, poderían outorgarlle ao candidato da Alianza Pais a maioría parlamentar.

Comentarios