Análise

Racismo e xenocidio: o regreso do nazismo en Europa

Ramón Grosfoguel, profesor da Universidade de California en Berkeley, prosegue o ciclo de análises de 'Nós Diario'.
O fortalecemento do fascismo en toda Europa constitúe un problema de seguridade para todos os pobos europeos, advirte o sociólogo. (Ilustración: Álex Rozados)
photo_camera O fortalecemento do fascismo en toda Europa constitúe un problema de seguridade para todos os pobos europeos, advirte o sociólogo. (Ilustración: Álex Rozados)

A guerra en Ucraína leva 8 anos. Desde o golpe de estado do 2014 organizado pola CIA con milicias nazis para derrocar o goberno democraticamente electo, Ucraína está nunha guerra de exterminio contra os ucraínos rusoparlantes. O imperio estadounidense e a OTAN, desde o 2014, veñen sostendo financeira e militarmente os nazis ucraínos co obxectivo de provocar a Rusia nun conflito armado en Ucraína e que os nazis fagan unha 'guerra por procuración' -Proxy War- para desgastar Rusia e facela implosionar como ocorreu coa Unión Soviética nos anos 80 do 
século pasado.

Logrado o golpe de estado do 2014, estas milicias nazis entraron oficialmente no exército e na intelixencia do Estado ucraíno comezando o xenocidio contra ucraínos rusoparlantes de orixe eslava. Existen máis de 30 batallóns nazis no exército ucraíno e son os que están en primeira liña na guerra de exterminio contra ucraínos de cultura e lingua diferente. As torturas e crimes que realizan contra civís ucraínos son tan horribles que mellor non describilas neste espazo.

Guerra de exterminio

Na ideoloxía racial nazi ucraína, que repite a dos seus avós nazis alemáns e ucraínos da segunda guerra mundial, os eslavos son razas inferiores a exterminar, mentres que os ucraínos ao lado occidental de Ucraína son considerados de razas superiores de orixe escandinava. Esta teoría racista non ten ningún fundamento científico, pero informa a política do exército ucraíno controlado polos novos nazis do século XXI. Máis de 15.000 persoas rusoparlantes foron asasinadas nos últimos oito anos na rexión do Donbass ao leste de Ucraína.

De aí que estas poboacións se independizasen de Ucraína creando dous Estados republicanos grazas á loita das milicias populares anti-fascistas do Donbass. Os medios de desinformación masiva de occidente estiveron caladiños, ocultando esta guerra de exterminio de oito anos para encubrir ante a opinión pública internacional que Estados Unidos, a Unión Europea e a OTAN estean a apoiar nazis en Ucraína.

O discurso dos novos nazis é que en Ucraína está a levarse a cabo a gran batalla pola supervivencia e supremacía da civilización occidental

Esta política de organizar e promover grupos terroristas para derrocar gobernos e provocar guerras non é nova. Esta película xa a vimos cos mercenarios 'xihadistas' organizados pola CIA nas guerras do Medio Oriente, os cales terminaron por regarse como un cancro por toda a rexión. 
O que é novo é que Estados Unidos e a OTAN fagan o mesmo en territorio europeo, pero agora con novos 'xihadistas' de ideoloxía nazi. Como os primeiros, os segundos reciben voluntarios internacionais de todas partes do mundo.

Grupos supremacistas brancos dos diversos imperios occidentais estiveron indo combater a Ucraína convertendo este territorio no seu centro de adestramento militar internacional desde hai oito anos. A guerra de exterminio que levan contra os ucraínos rusoparlantes é o campo de adestramento militar para o novo terrorismo 'xihadista' nazi. O discurso dos novos nazis é que en Ucraína está a levarse a cabo a gran batalla pola supervivencia e supremacía da raza branca e a 'civilización occidental'.

Redes nazis internacionais

Todas as armas e recursos financeiros que envían os gobernos europeos para soster o exército fascista ucraíno non fai máis que fortalecer as redes nazis internacionais. Armas enviadas a Ucraína xa apareceron en cidades europeas como París, Londres, Rotterdam, etc. O contrabando de armas desde Ucraína e o fortalecemento do fascismo en toda Europa constitúen un problema de seguridade para todos os pobos europeos. Soster nazis en Ucraína para facer unha 'guerra por procuración' contra Rusia vai ter consecuencias nefastas en toda Europa como efecto boomerang destas políticas imperiais estadounidenses coa activa participación da Unión Europea. As extremas dereitas europeas están a fortalecerse electoralmente en toda a rexión.

Co fortalecemento de milicias nazis en tempos de hiperinflación esta situación constitúe unha bomba de tempo. Recentemente, oficiais da OTAN foron capturados por tropas rusas nos cuarteis do Batallón Azov (auto-identificados como nazis) na cidade de Mariupol. Que facía persoal da OTAN nos cuarteis nazis? Como é posíbel que os gobernos europeos logo do que coñecemos da segunda guerra mundial estean a armar e a soster o exército fascista de Ucraína? O obxectivo de Rusia de desnazificar Ucraína debería ser un obxectivo común de todos os europeos. Pola contra, Europa pagará un prezo moi alto nesta xogada sucia do imperio estadounidense e o seu brazo armado a OTAN. A consígnaa debería ser: "Abolir a OTAN".

Comentarios