Quince concellos galeses aproban mocións a favor da independencia de Gales

A cidade de Caerffili, de 30.000 habitantes é polo de agora o último municipio en dar o paso que iniciou a vila de  Machynlleth a finais de maio.

Caerphilly_gales cymru
photo_camera Caerffili

Machynlleth, unha pequena vila de 2.200 habitantes, convertíase o pasado 28 de maio no primeiro concello galés en manifestar publicamente o seu apoio á independencia do país. Unha declaración do goberno local, aprobada en segunda votación co apoio da alcaldesa (Monica Atkins), establecía que este concello do leste galés apoiaba “a independencia de Gales e a campaña de Yes Cymru”.

Desde entón e até o de agora 14 municipios máis deron o paso de aprobar mocións nas que explicitamente defenden a independencia de Gales.  O último até o momento foi a cidade de Caerffili, que o fixo esta segunda feira (15 de xullo) e por unanimidade. O apoio deste municipio non é importante só por ser un respaldo procedente dunha vila grande (máis de 30.000 habitantes) senón porque é o primeiro en facelo na zona sur de Gales.

A moción aprobada polo pleno, sen votos en contra nin abstencións instaba o Concello a “apoiar a campaña pola independencia galesa e os beneficios que podería traer ás comunidades locais de Gales".

Os outros 13 municipios a prol da independencia: Porthmadog (4.500 veciños e veciñas), Ffestiniog (4.000), Nefyn (2.600), Bethesda (5.000 habitantes), Caernarfon (9.600), Llanuwchllyn (650), Trawsfynydd (1.000), Llanystumdwy (2.000 habitantes), Pwllheli (4.000 habitantes), Bontnewydd (1.200), Llanyifni (5.000), Llanberis (2.000), Waunfawr (1.200),

Comentarios