Quim Torra: “Seremos leais ao mandato do 1 de outubro”

O candidato de JxCat a presidir a Generalitat reivindica a lexitimidade de Puigdemont (“El tería que estar aquí facendo este discurso”), comprométese a continuar traballando pola construción da República e subliña a necesidade de reverter o 155. Tende a man a Rajoy para abrir un “diálogo” e apela á mediación europea. 

Quim Torra
photo_camera Imaxes: Junts per Catalunya

Quim Torra, candidato de Junts per Catalunya a presidir a Generalitat, iniciou o seu discurso de investidura cun recoñecemento expreso a Carles Puigdemont como "presidente lexítimo" de Catalunya e denunciando o contexto "excepcional" que marca esta investidura. "Eu non debería estar aquí", sinalou Torres, que se comprometeu a continuar o mandato do 1-O e construír un “estado independente en forma de República. Torra criticou duramente todos os intentos do xuíz Pablo Llarena para frear as investiduras desde as pasadas eleccións catalás.

Porén a difícil situación, o candidato independentista chamou a traballar e a non desfalecer: "Precisamos continuar xuntos. Todo o mundo ten o deber de traballar para o país. Pídolle que cumpra. Superaremos todos os ataques ".

quim torra catalunya

República

A República, afirmou Torra, só pode chegar da man da liberdade e da cultura. "Faremos republicanismo como cidadáns iguais. Para iso precisamos institucións libres de corrupción e que fomenten a colaboración da cidadanía", insistiu Torra, que apelou a un "cambio real"con" garantías de dereitos políticos, sociais, económicos e de sostibilidade.

Mariano Rajoy xa se pronunciou sobre o discurso: "O que escoitei de Torra non me gustou". Porén, o presidente español é partidario de esperar a ver como se desenvolven os acontecementos

"Persistiremos, insistiremos e investiremos", dixo, mostrando a súa confianza en que o 155 caduque tan pronto se forme o novo Govern. "Se teño a vosa confianza, eu e o novo Govern asumimos desde ese momento toda a responsabilidade derivada das nosas accións", dixo Torra. "De ningún xeito se poden pedir contas ás persoas que están no exilio ou presas. O camiño a seguir para a República é a nosa responsabilidade”

Ao mesmo tempo, solicitou unha mesa de diálogo co Estado para resolver o conflito político entre Cataluña e Estado. Citando palabras de Felipe VI nun acto en Barcelona cando era príncipe, indicou: "Cataluña será o que os cataláns queren que sexa". A continuación, en español dirixíuse ao Felipe VI monarca: “Resulta, maxestade, que hai prisioneiros políticos e centos de persoas investigadas". "Maxestade, así non", concluíu, parafraseando as palabras de Puigdemont.

Diálogo

O candidato á presidencia da Generalitat propuxo abrir un diálogo  co presidente do goberno español, Mariano Rajoy, e tamén quixo dirixirse, en inglés, ao presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker. "Os cataláns, como cidadáns europeos, merecemos a mediación das institucións europeas", apuntou.

Comentarios