Querela da Fiscalía contra os independentistas da Mesa do Parlament

Por permitir un debate sobre a autodeterminación e a monarquía sen atender a prohibición do Tribunal Constitucional

O presidente do Parlamento de Catalunya, Roger Torrent. (Foto: Europa Press)
photo_camera O presidente do Parlamento de Catalunya, Roger Torrent. (Foto: Europa Press)

A Fiscalía de Cataluña querelouse por desobediencia contra o presidente do Parlament na pasada lexislatura, o republicano Roger Torrent, e os membros de JxCat e ERC na Mesa por tramitar resolucións a favor do exercicio do dereito de autodeterminación e para reprobar á monarquía.

No seuescrito, a Fiscalía de Cataluña solicita á sala civil e penal do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSXC) que cite Torrent e os seus compañeiros independentistas da Mesa como investigados na última lexislatura -Josep Costa (JxCat ), Eusebi Campdepadrós (JxCat) e Adriana Delgado (ERC) -, por un delito de desobediencia á autoridade xudicial, presuntamente por non atender os mandatos do Tribunal Constitucional.

Segundo a Fiscalía, Torrent e os seus compañeiros independentistas da Mesa tramitaron na última lexislatura 3 resolucións a favor do exercicio do dereito de autodeterminación e de reprobar á monarquía a pesar das advertencias da súa ilegalidade por parte do secretario do Parlament e sabendo que o Tribunal Constitucional o prohibira.

Comentarios