Impulsan un novo estatus legal para o gaélico en Irlanda do Norte

Sinn Féin, SDLP e entidades culturais e sociais apoian a idea de impulsar o irlandés nos 6 condados, un idioma falado por apenas o 4% da poboación.

gaélico irlandés ulster

O vindeiro mes o Ministerio de Cultura de Irlanda do Norte abrirá un periodo de consultas para que a cidadanía dos 6 condados da illa sob administración británica poidan facer propostas e achegar ideas para unha futura lei do gaélico nese territorio. Nationalia informa que a ministra de Educación, Carál Ní Chuilín (Sinn Féin) dixo que o seu departamento xa ten elaborado un rascuño de lei do irlandés e que nas vindeiras semanas poñerase en coñecemento dos e das nor-irlandesas para que tomen coñecemento do debate e fagan achegas.

Unionismo

Mais, prosegue Nationalia, a aprobación dunha nova lei do gaélico require do apoio dos partidos unionistas, “e iso non será doado”. Un deputado do DUP xa anunciou que trataría a petición dunha nova lei do irlandés “como se fose papel de WC” e asegurou que o seu partido non aceptaría unha lei nese sentido.

Segundo o censo do 2011 nos seis condados hai 65.000 falantes de gaélico, o 4% da poboación. A única protección que até o de agora ten ese idioma en Irlanda do Norte é a que deriva de que o Reino Unido ratificou a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias.

Comentarios