Unha parte do sumario do caso Púnica, a que ten a ver co financiamento irregular do PP de Madrid, xa non está baixo segredo de sumario, o que permitiu que esta terza feira se coñecese que a UCO (Unidade Central Operativa da Garda Civil) puxera o foco sobre a presidenta da comunidade autónoma de Madrid e inimiga número un de Esperanza Aguirre, Cristina Cifuentes.
Con efeito, a UCO chegou á conclusión de que Cristina Cifuentes foi "partícipe e coñecedora" dun "arranxamento" na adxudicación da cafetaría da Asemblea de Madrid.
A Garda Civil concluíu das súas pesquisas que Cifuentes participou en adxudicacións a Arturo Fernández ao mesmo tempo que este empresario financiaba Fundescam, entidade da que a líder conservadora era patrona.
A UCO atribúe a Cifuentes a comisión de presuntos delitos de prevaricación continuada e suborno.