PUJOL NO PARLAMENT: "NUNCA FUN UN POLíTICO CORRUPTO"

"Non recibín nunca cartos a cambio dunha decisión administrativa ou política"

Pujol nega que o diñeiro polo que non pagou ao fisco tivese unha orixe ilícita. A oposición exixiulle que dese garantías de que el e o seu partido non se embolsaron comisións ilegais.

Jordi Pujol
photo_camera Jordi Pujol

Os cartos foron deixados no seu pai no estranxeiro “por se algún día tiña que marchar”. Esta é a explicación que o expresidente da Generalitat Jordi Pujol deu no Parlament para rexeitar as acusacións de corrupción que pesan sobre el. Lamentou que a súa confesión se convertese no que considerou un ataque cara el e cara CIU.

Fixo Pujol unha dilatada explicacións dos prósperos negocios de seu pai Florenci Pujol coa industria algodonera catalá, para a que, segundo dixo, se dedicaba a comprar dólares en Tánxer, transacción moi útil para a industria téxtil que precisaba comprar algodón en Estados Unidos e Exipto. 

"Na década dos setenta, eu era un home con cartos. Moitos cartos. Despois xa non tiven tantos. Cando accedín ao poder político, xa non tiven nunca tantos cartos". 

“Ter cartos no estranxeiro pode ser criticado, mais non se pode dicir que sexan de orixe ilícita. Eu non fun un político corrupto. Non recibín nunca cartos a cambio dunha decisión administrativa ou política. Polo traballo que fixen, non cobrei nunca nada salvo o meu soldo de presidente”, afirmou o xa ex-presidente Pujol que explicou tamén que tiña xa unha ampla fortuna antes de ocupar cargos institucionais. “Na década dos setenta, era un home con cartos. Moitos cartos. Despois xa non tiven tantos. Cando accedín ao poder político, xa non tiven nunca tantos cartos. O meu proxecto foi facer país, construír Catalunya”, defendeuse Pujol. Segundo dixo, o diñeiro respondía á vontade do pai de asegurar o seu futuro e o da súa familia se “as cousas veñen mal dadas”. 

A oposición exixiu ao ex líder de CiU que dese garantías de que o seu partido, e el proprio e a súa familia, non receberon comisións ilegais por facilitar contratos coa administración catalá

Cifrou tamén a fortuna do pai no estranxeiro en 140 millóns de pesetas, un valor que aumentaría co tempo. “Ante a miña decisión de non me ocupar dos cartos, meu pai decidiu que se ocuparan uns amigos seus. Era o momento do 23-F e a Loapa. Tempos de moita presión. Despois decidiuse que dos cartos se ocupara un fillo meu. E eu aínda quixen ficar máis á marxe”, explicou dunha historia que, segundo dixo, era “dolorosa” e tiña o seu inicio “nos anos cincuenta”. O ex-presidente valorou que unha decisión tomada nun minuto pode condicionar toda unha vida, como agora lle estaba a pasar.

As explicacións de Pujol non convenceron os partidos da oposición, que exixiron ao ex líder de CiU que dese garantías de que o seu partido, e el proprio e a súa familia, non receberon comisións ilegais por parte de empresas adxudicatarias de obras e concesións da Administración catalá. 

Comentarios