Ameaza de embargo dos seus bens

Os membros do Govern deberán depositar unha fianza conxunta de 6,2 millóns

De non depositar esa cantidade no prazo de tres días, a xuíza Carmen Lamela procedería a embargar os bens dos 14 membros do Govern -Puigdemont, Junqueras e os consellers- até alcanzar o valor correspondente a esa cifra.

audiencia nacional

A xuíza que admitiu a trámite a querela da Fiscalía por rebelión e sedición aceita tamén impor unha fianza ás persoas denunciadas na cuantía fixada polo Ministerio Público.

Os 6,2 millóns de euros corresponden co valor das partidas orzamentarias que sufragaron o referendo do 1-O, suspendido polo Tribunal Constitucional e no que participaron 2,2 millóns de persoas, 90,18 por cento das cales votaron a prol da independencia.

Comentarios