Puigdemont di que o Estado “perde máis do que perdera” e Colau pide a demisión de Rajoy

576_1506844744DLCYKrFXUAAPt3T

O president da Generalitat afirmou este domingo, após as accións policiais para impedir votar, que “o Estado perdeu moito máis do que perdera” e que os cataláns “gañan moito máis do que gañaran”. Carles Puigdemont afirmou que a actuación de policía e garda civil non paran os desexos de votar dos cataláns.

De por parte, a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, pediu a demisión de Mariano Rajoy, a quen cualificou de “covarde”. A rexedora fixo estas declaracións mentres gardaba cola para votar.

Comentarios