A diferenza "sideral entre os sistemas europeos e o español" polo fallo sobre Valtònyc

O ex presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, considera que o fallo do Tribunal Constitucional belga sobre o rapeiro que tombou a lei sobre inxurias á Coroa no Estado é "histórico". Así, comparou os avances en "liberdade de expresión" noutros lugares do mundo co "réxime político do Estado español".
Puigdemont nunha fotografía de principios de outubro. (Foto: Europa Press)
photo_camera Puigdemont nunha fotografía de principios de outubro. (Foto: Europa Press)

O eurodeputado de Junts e ex president da Generalitat, Carles Puigdemont, defendeu esta sexta feira o auto do Tribunal Constitucional belga que declarou inconstitucional a lei sobre inxurias á Coroa en resposta ao caso do rapeiro Josep Miquel Areas, máis coñecido como  Valtònyc. Desde o seu punto de vista foi un fallo "histórico".

Ademais, coñecendo tanto as etapas polas que pasou o seu caso como as do intérprete, na súa opinión este ditame "interpela directamente a España e marca unha diferenza sideral entre os sistemas europeos e o español".

"A decisión é un paso de xigante en favor dun dereito fundamental como a liberdade de expresión", resaltou preguntado polos medios xunto a súa vivenda de Waterloo após unha visita do líder de Omnium Cultural, Jordi Cuixart

Na súa resposta, insistiu en que a decisión da Xustiza belga "volveu colocar unha distancia sideral entre as democracias europeas e o réxime político do Estado español".

Segundo o ex president catalán a decisión é "histórica para Bélxica e para a democracia" e "debería interpelar" a España.

Sobre o caso deste rapeiro "fuxido"

Desta forma se refería ao auto desta quinta feira na que o Constitucional tirou abaixo a norma propia que persegue os insultos ao rei por ser "imcompatíbel" coa Constitución ao bater directamente "coa liberdade de expresión consagrada" tamén na Carta Magna.

O Constitucional belga respondeu así as dúbidas do tribunal de Apelación de Gante que debe decidir sobre a entrega a España de  Valtònyc, un caso que encara a súa fase final despois de que coñecer a opinión do alto tribunal sobre se cabía aplicar a normativa belga de inxurias ao Rei que data de 1847, declarada agora inconstitucional.

O artista fuxiu de España en xuño de 2018 tras ser condenado pola Audiencia Nacional por delitos de enaltecemento do terrorismo a dous anos de cárcere e a un ano e medio máis por inxurias á Coroa, unha sentenza ditada por delitos cometidos entre 2012 e 2013 e posteriormente confirmada polo Supremo. A súa entrega xa foi rexeitada pola Xustiza belga en primeira instancia fai tres anos.

Comentarios