Puigdemont e Comín, acreditados como eurodeputados

puigdemont catalunya acreditación

Seis meses após ser elixidos eurodeputados, Carles Puigdemont e Toni Comín foron acreditados no Parlamento Europeo esta sexta feira pola mañá. Un escenario que se abreu tras a sentenza do TXUE sobre Junqueras.

Nunha xestión rápida no edificio, os dous líderes independentistas obtiveron acreditación provisional, que penduraron do pescozo e amosaron ás decenas de xornalistas de cámaras e xornalistas de medios estatais e internacionais.

Esta acreditación é o primeiro trámite para obter a acta definitiva, xa a principios de ano. Esta sexta feira é o último día hábil de 2019 na Eurocámara, que pecha por vacacións de Nadal até xaneiro. É entón cando Puigdemont e Comín serán proclamados oficialmente eurodeputados de pleno dereito

Comentarios