As protestas contra o golpe de Estado en Exipto finalizan con 51 falecid@s

Partidari@s do derrocado Mursi convocaran manifestacións no 40 aniversario da guerra de 1973 contra Israel para protestar contra o golpe de Estado do 3 de xullo. Forzas armadas e Policía interrompéronas. Hai 51 mort@s, 230 ferid@s e máis de 400 detid@s.

Exipto
photo_camera Exipto

Portavoces oficiais do goberno xurdido do golpe de Estado en Exipto recoñeron a medios oficialistas que a cifra de mort@s é de 51, mais desde a oposición islamista sinálase que esa cifra sería moito maior. Ademais d@s falecid@s, máis de 400 detid@s e 230 ferid@s. Ese é o saldo da xornada de manifestacións convocadas polos partidarios do derrocado presidente Mursi para celebrar o 40 aniversario da guerra de 1973 contra Israel.

Forzas armadas e policia despregáronse para tomar as principais arterias das cidades exipcias. Os disturbios deron lugar a un baño de sangue. O exército mantén tomadas con tanques e armamento pesado arterias e pontes do Cairo. Helicópteros militares sobrevoan a cidade. Axencias sinalan que civís partidarios do golpe patrullan algúns barrios armados con coitelos e paus.

Comentarios