Protesta cidadá nas rúas de Turquía fronte a violencia contra as mulleres

O Goberno do país otomán valora abandonar a Convención de Estambul, o importante tratado internacional na pevención da violencia contra as mulleres.
estambul_protesta_twitter
photo_camera Un momento da marcha que discorreu polas rúas de Estambul (Twitter)

Miles de persoas, a maioría mulleres, tomaron saíron ás rúas en Turquía nas últimas horas para demandar ao Goberno que non se retire da Convención de Estambul, o tratado internacional que marca un antes e un despois na loita para a prevención da violencia machista.

As protestas foron as maiores das recentes semanas ante o aumento no número de mulleres asasinadas por homes na última década, desde que o tratado ─que paradoxalmente leva o nome da cidade turca─ foi aprobado no ano 2011.

A Convención de Estambul é o primeiro instrumento vinculante para previr e combater a violencia contra as mulleres, desde a violación marital até a mutilación xenital feminina.

Detencións

Centos de mulleres marcharon nesta cidade con pancartas onde se podía ler lemas como "As mulleres non perdoarán a violencia" ou "Longa vida á solidariedade entre as mulleres".

Na rexión de Izmir a Policía interveu para parar a marcha. O grupo realizou entón unha sentada e houbo dez detencións. Tamén houbo protestas en in Ankara e nas cidades meridionais de Adana e Antalya.

Comentarios