Unha proposta de reforma constitucional visa transformar o Reino Unido nun Estado confederal

O obxectivo confeso, evitar a independencia de Escocia após o brexit.

Bandeiras das nacións do Reino Unido
photo_camera Bandeiras das nacións do Reino Unido

Devolver a iniciativa ao bloco unionista sería o propósito último da proposta de tranformación confederal do Reino Unido que fai un grupo de expertos con representación de todos os partidos británicos. Após o brexit, as arelas independentistas voltaron a apañar moita forza en Escocia, en tanto que o Sinn Féin demandou un referendo de reunificación para Irlanda.

A iniciativa de reforma constitucional foi avanzada en primicia por The Guardian.

O Estado sería de tipo confederal e a soberanía residiría nas nacións que o integrasen. Cada unha delas, mesmo Inglaterra, terían os seus propios parlamentos que serían soberanos nos seus respectivos asuntos. Porén, competencias fundamentais de calquera estado soberano -Defensa, moeda, relacións internacionais- continuarían a ser detentadas polo centro. A diferenza co actual statu quo é que os poderes serían libremente partillados.

Ao fronte do chamado Constitution Reform Group está un ex ministro conservador, Lord Salisbury, quen non tivo reparos en lle dicer a The Guardian que esta proposta devolvería a inicitiva ao bloco unionista en Escocia, após a líder do SNP e primeira ministro ter anunciado que o brexit aboca o país a facer un novo referendo independentista.

Comentarios