Eleccións presidenciais en Rusia

Os primeiros resultados dan unha clara vitoria a Putin

A Comisión Electoral Central de Rusia vén de dar conta dos primeiros resultados das eleccións presidenciais que tiveron lugar este domingo e que deixaron como claro vencedor Vladimir Putin.

Putin
photo_camera Putin

Vladimir Putin sae reforzado das eleccións presidenciais de Rusia ao acadar máis de 73% dos votos segundo os primeiros resultados ofrecidos pola Comisión Electoral Central. Segundo a información fornecida polo organismo, o candidato do Partido Comunista, Pável Grudinin, acadou 15,89% dos apoios e o líder do Partido Liberal Demócrata, Vladimir Zhirinovski, 6,88%.

A candidata Xenia Sobchak, de Iniciativa Cidadá, obtivo 1,39% dos votos e Grigori Yavlinski, de Yábloko, 0,78%. Sergei Baburin, da Unión Popular de Rusia, conseguiu 0,62% e Boris Titov, do Partido do Crecemento, 0,6%.

Participaron das eleccións máis de 1.500 observadoras e observadores internacionais de 115 países e 14 organizacións e en total foron convocados 109 millóns de rusas e rusos a esta xornada electoral.

Nunha comparecencia pública, Putin ofreceu un discurso en que agradeceu ao pobo ruso o seu apoio e chamou a conservar a unidade, “para ir cara adiante necesitamos todo o mundo. Imos pensar no futuro. Estamos condenados a un grande éxito”. 

Comentarios