Reco√Īecemento

O primeiro ministro de Etiopía, Abiy Ahmed, Nobel da Paz polo seu esforzo na resolución do conflito con Eritrea

A contenda entre etíopes e eritreas (1998-2000), cun acordo de paz definitivo en 2018, foi unha continuación dun loita anterior mal fechada: a longa guerra pola independencia das segundas (1961-1991).

[Imaxe: Skilla1st - commons.wikimedia.org] Mapa do conflito entre Etiopía e Eritrea (1998)
photo_camera [Imaxe: Skilla1st - commons.wikimedia.org] Mapa do conflito entre Etiopía e Eritrea (1998)

O Comit√© Noruegu√©s anunciou a concesi√≥n do premio Nobel da Paz o primeiro ministro de Etiop√≠a, Abiy Ahmed, polos seus esforzos a prol da paz e da cooperaci√≥n internacional e, "en particular, pola s√ļa decisiva iniciativa para resolver o conflito fronteirizo coa veci√Īa Eritrea". Etiop√≠a √© o segundo pa√≠s m√°is poboado de √Āfrica e a maior econom√≠a de √Āfrica oriental.

Ambos os dous países combateron entre 1998 e 2000 nunha guerra que se cobrou máis de 70 mil vidas, mais a chegada de Ahmed ao poder en abril de 2018 supuxo tamén un punto de inflexión nas relacións bilaterais. Así, chegouse a un acordo de reconciliación que, por parte de Eritrea, foi ratificado polo seu presidente, Isaias Afwerki.

O Comit√© reco√Īeceu que "a paz non xorde das acci√≥ns dunha soa parte" e aplaudiu o papel de Afwerki, mais quixo personalizar en Abiy o reco√Īecemento. O xurado lembrou tam√©n que o primeiro ministro et√≠ope se implicou en procesos de mediaci√≥n entre Eritrea e Xibut√≠ e entre Quenia e Somalia, as√≠ como entre o Goberno e a oposici√≥n en Sud√°n.

Abiy iniciou a nivel interno "importantes reformas que levan a moitos cidadáns a esperanza dunha vida e dun futuro mellores". Nos seus primeiros cen días de Goberno, levantou o estado de urxencia, amnistiou miles de presos políticos, suavizou a censura, legalizou grupos opositores, afastou dirixentes sospeitosos de corrupción e aumentou "significativamente" a representatividade das mulleres nas esferas de poder.

A longa loita pola independencia de Eritrea

Eritrea foi colonizado por dous Estados europeos: primeiro, por Italia (1889-1941), e, despois, polo Reino Unido (1941-1952). En 1961, Etiopía anexionou o país logo de que a ONU o declarase unha rexión autónoma desa nación africana, o que deu inicio a unha contenda que se estendería durante 30 anos.

En 1991, a Fronte de Liberaci√≥n dos Pobos de Eritrea triunfou nesa guerra pola s√ļa independencia. Dous anos despois, o pobo eritreo votou a favor da independencia nun referendo apoiado pola ONU, co reco√Īecemento posterior da comunidade internacional. Na actualidade, Eitrea √© membro de pleno dereito da Uni√≥n Africana e da ONU.

A INFORMACI√ďN GALEGA EST√Ā NA T√öA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

M√°is en INTERNACIONAL
comentarios