Primeiro caso de coronavirus nun campo de refuxiados insular de Grecia

Rexistrouse no campamento de Vial, na illa de Quíos, onde viven arredor dunhas 3.800 persoas, tres veces por riba da súa capacidade oficial.
EuropaPress_2602070_21_january_2020_greece_lesbos_migrant_washes_his_clothes_while_staying_in
photo_camera Imaxe dun campo de refuxiados provisional na illa de Lesbos, ao carón do de Moria (Angelos Tzortzinis / dpa)

Grecia comunicou onte o primeiro caso de infección do novo coronavirus nun dos seus saturados campos de refuxiados con que conta nas illas. Concretamente, rexistrouse no de Vial, na illa de Quíos. O contaxiado é un home de 35 anos de nacionalidade iemení, que deu positivo nun test realizado na cuarta feira.

"O home foi posto en corentena no hospital local. Outra trintena de persoas están a ser testados", segundo sinalaron fontes do Goberno heleno.

Actualmente, calcúlase que hai arredor dunhas 3.800 persoas vivindo dentro do campamento de Vial, tres veces por riba da súa capacidade oficial.

Varios casos de coronavirus non letais xurdiron nos campamentos de refuxiados na Grecia continental, incluídos 150 nunha residencia do Peloponeso no mes de abril. Porén, este é o primero caso que se rexistra nun dos campos das illas, os que sofren en maior medida a saturación.

A noticia chegou no día en que Grecia rexistrou o número diario de infeccións máis alto desde o comezo da pandemia, cun total de 262 casos de coronavirus. As autoridades culpan do agrome de casos á relaxación nas medidas de distancia física en restaurantes, bares e locais de ocio.

Comentarios