Primeiras imaxes de Chávez após o seu ingreso nunha clínica en Cuba

O goberno venezolano difunde por radio e televisión o último parte médico e unhas fotografías do presidente de Venezuela xunto ás súas fillas.
Chávez na clínica
photo_camera Chávez na clínica

O goberno de Venezuela, a través do titular da carteira do Poder Popular para a Comunicación e Información, Ernesto Villegas, difundiu un comunicado por Radio e Televisión coas primeiras imaxes do presidente da República, Hugo Chávez, após varios meses de ingreso nunha clínica cubana.

"Esta consciente e en estreita comunicación co seu equipo de Goberno", asegura Villegas, "con integridade das súas funcións intelectuais e á fronte das tarefas fundamentais inherentes ao seu cargo". Na información sinala que a enfermidade de Chávez "non está exenta de complicacións" mais vai por bo camiño. Na información, após o parte médico, o ministro do Poder Popular para a Ciencia e Innovación, Jorge Arreaza, amosa unhas fotografías onde aparece o líder da Revolución Bolivariana canda as súas dúas fillas Rosa Virxinia e María Gabriela.

Comentarios